Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta non cobre a praza de Pediatría en Mazaricos porque "non hai especialistas en lista"

A Xunta non cobre a praza de Pediatría en Mazaricos porque "non hai especialistas en lista"
Concentracion de pais e nais en Mazaricos por un pediatra Concentración de pais e nais en Mazaricos por un pediatra

É unha loita xa vista noutras zonas como Carballo, Laxe ou Cee e Corcubión. A falta dun especialista en pediatría nos Centros de Saúde de cada concello supón un grave problema para as familias.

Desta volta son os pais e nais do Concello de Mazaricos os que realizaban esta concentración diante do Centro de Saúde. Fano despois de rexistrar máis de 70 reclamacións, unha vez que o especialista en Pediatría está de baixa, a praza segue sen cubrise e sen a certeza de cando vaia volver.

O concello envíou un escrito á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago da Consellería de Sanidade, para solicitarlle que cubran esa praza de pediatría do Centro de Saúde, que leva unha temporada sen especialista e non hai certeza de cando vai voltar.

Non foi moi alentadora a resposta do Xerente, que propuxo como solución que "os menores de 3 anos foran a Santa Comba e os maiores ao médico de cabeceira", ignorando que a capital xalleira está a máis de 25 km de distancia, ademais de ter saturada a especialidade.

O mesmo responsable da Consellería de Sanidade recoñeceu que "non había pediatras en lista para poder mandar".

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios