Martes. 07.05.2024
El tiempo

Achan nunha pista de Mazaricos bolsas con restos óseos doutro desaparecido

Busca Garda Civil Mazaricos-G24
Captura de G24 da busca da Garda Civil polos montes de Mazaricos
Achan nunha pista de Mazaricos bolsas con restos óseos doutro desaparecido

O pasado venres, a Garda Civil confirmaba que o cráneo atopado nunha pista forestal o pasado mes de outubro era o dun home desaparecido en Mazaricos en decembro do ano pasado. Coa investigación aínda aberta, a GC achaba este mércores, no mesmo monte entre Mazaricos e Outes, outros restos óseos e pezas de roupa en bolsas que non pertencerían a esta mesma persoa, aínda que cómpre esperar ás probas de ADN.

A investigación continúa, e fontes cercanas ao caso seguen vinculando os dous casos ao 'Pandolo', un veciño de Mazaricos con antecedentes e que gozaba dun permiso penal cando desaparecía Antonio Tuñas.

Comentarios