Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ana Pontón comprométese en Mazaricos a apostar por un novo modelo enerxético que impulse o autoconsumo

Foto 3 - Ana Pontón Mazaricos
Ana Pontón puxo como exemplo a experiencia de Piensos Alborés, en Mazaricos, como con outro modelo enerxético é posible reducir a factura eléctrica nas empresas
Ana Pontón comprométese en Mazaricos a apostar por un novo modelo enerxético que impulse o autoconsumo

Anunciaba Rueda as Eleccións Autonómicas para o vindeiro 18 de febreiro de 2024, e á portavoz do BNG nacional Ana Pontón, colleulle en Mazaricos. A candidata á Presidencia da Xunta,  visitaba as instalacións de Piensos Alborés para avaliar o impacto que tivo na súa produción a implantación dunha planta fotovoltaica para a xeración de enerxía, unha experiencia que exemplifica “como con outro modelo enerxético” as empresas poden reducir a súa factura eléctrica, o que considerou clave non só para o sector industrial senón tamén para o agrogandeiro.

Pontón aproveitou para comprometer "un novo modelo enerxético que impulse o autoconsumo para “democratizar” a riqueza enerxética do País, se obtén a confianza dos galegos e das galegas para ser a próxima presidenta da Xunta".

Por iso, e fronte ao modelo do Goberno do PP que “entrega a riqueza eléctrica do País ás grandes enerxéticas”, a líder nacionalista defendeu a alternativa do BNG que aposta por “democratizar a enerxía”, impulsando un modelo máis descentralizado, incrementando o mix enerxético e poñendo “toda esa riqueza eléctrica ao servizo das familias e das empresas”.

Neste sentido, comprometeu o impulso do autoconsumo eléctrico e da enerxía distribuída, opcións “boicoteadas” polo Executivo do PP “dende co imposto ao sol ata con trabas burocráticas que fan moi difícil a participación” neste tipo de alternativas. Co obxectivo de impulsalas, Pontón considerou preciso superar a visión simplista do autoconsumo como “algo pequeno” e limitado ao nivel familiar e concibilo dende unha perspectiva máis ambiciosa dotándoo dunha dimensión maior “que inclúa tamén á pequena e mediana empresa”.

De igual xeito, defendeu o fomento da creación de comunidades enerxéticas, incentivando a participación cidadá e a implicación das Administracións locais, e o impulso dunha “estratexia que impulse o autoconsumo tamén en polígonos industriais e en zonas que teñen unha concentración de actividade moi importante que o permite”.

Máis novas

 

Comentarios