domingo. 08.12.2024
El tiempo

Corcubión indaga sobre as posibilidades das Comunidades Enerxéticas

Charla en Corcunion con Xose Manuel Golpe sobre Comunidades Enerxeticas
Corcubión indaga sobre as posibilidades das Comunidades Enerxéticas

Este venres día 1 de decembro tivo lugar na Casa da Cultura de Corcubión, organizada pola Asociación Socio Cultural, Medioambiental e Social Boca de Sapo de Corcubión, unha xornada formativa sobre Comunidades Enerxéticas. “Unha xornada sobre un novo paradigma enerxético, un modelo distinto á deriva actual depredadora do territorio que representa o lobby eólico”, explican dende a entidade.

Cun relato sinxelo, elocuente e técnico, Xosé Manuel Golpe Acuña, experto pioneiro en Comunidades Enerxéticas, foi desenvolvendo os fíos dun modelo enerxético de proximidade, no que a Comunidade é a protagonista, a promotora dos medios de produción enerxética baseado na solidariedade comunitaria.

Unha vez finalizado o relato, Boca de Sapo fixo unha pequena reflexión sobre o río que nos une e que podería transformarse na grande "Mancomunidade Enerxética do Xallas”. “Utopía ou realidade?”, preguntábanse dennde a entidade. “Desgraciadamente como todas sabemos, a realidade é mais ben distinta, aínda que existen numerosos exemplos no mundo que nos fan soñar coa posibilidade de reverter a utopía en realidade”, conclúen.

Comentarios