As Amas de Casa, as amas do saber tradicional de Mazaricos
Chega o outono e con ela as actividades para aproveitar o tempo. E as que non paran son as Amas de Casa da Asociación Cultural Hórreo de Mazaricos, que seguen espallando o saber popular pola volta. A pasada semana seguían coa súa ruta polos colexios, amosándolles aos nenos o mundo da música tradicional. O mestre Emilio Lois tocoulles a pandeireta, a gaita… aos pequenos do CEIP Pino do Val, nunha visita da que seguro que saen moitos artistas.
E nesa liña van enfocadas as Clases de instrumentos tradicionais, abertas a todo o público, e impartidas polo propio Emilio da Baña (como o coñecen nas ordes tradicionais), José Codesido e Felisa Segade. Hai gaita e percusión os xoves e as clases de baile e pandeireta realizaranse os venres.
O primeiro mes é gratuíto e os interesados pódense apuntar ata finais de novembro nos números 690 66 33 11 ou no 626 80 79 22.
Curso de Conservas caseiras
Mentres, os Servizos Sociais do Concello mazaricán arman un par de Obradoiros de Conservas Caseiras de alimentos. As citas serán, en novembro, o sábado 12, venres 18, sábado 19 e sábado 26; e en decembro, o venres 2, sábado 3, venres 16 e sábado 17. Os horarios son de 16:00h a 19:00h na Casa da Cultura, onde xa podedes inscribirvos no 981 867 195.
Fonte
- Concello de Mazaricos.