O BNG de Mazaricos tamén presentou unha enmenda aos Orzamentos da Xunta
01:52 09/01/21
O BNG de Mazaricos tamén vén de presentar unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia 2021. Uns orzamentos criticados por PSOE e BNG a nivel comarcal, pero que tamén teñen incidencia a nivel local.
A emenda presentada polo grupo que dirixe o goberno mazaricán, necesitaría un orzamento de 700.000€, pero foi esquecida pola Xunta, e ten o obxectivo de mellorar o abastacemento de auga municipal a través da realización dunha nova captación de auga no río Beba. O proxecto conta xa coa autorización de augas de Galicia.
"Esta emenda contempla, non todos os problemas que afectan ao concello, pero si, algunhas das necesidades que se consideran máis importantes e urxentes", explican dende o Concello.