Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Carreira de Mazaricos foi unha homenaxe ás Nais

Carreira Mazaricos 2023 Mamas
A Carreira de Mazaricos foi unha homenaxe ás Nais

Aproveitando o Día da Nai, a Carreira Pedestre de Mazaricos serviu de homenaxe para todas estas mulleres que son alicerce da nosa sociedade. 800 atletas participaron nesta VI edición da carreira mazaricá, que ademais é a terceira proba do circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte.

Un ano máis, organizouse nun total de seis categorías: sub12, sub10, Pitufos, 3K Contra o Cancro, Sub 14-16-18 e 10K. Nesta última proba, na categoría absoluta resultaron gañadores Francisco Pais Fondo, cun tempo de 32:54, e Tina Fernández Barreiros, con 38:07.

Carreira Mazaricos 2023 5
A eterna madrina do Circuito

Por categorías, na carreira sub12 subiron ao podio Hugo Tuñas Maneiro (4:05), Fabio Mesías Carballo (4:09), Xoel Lires Vidal (4:26), Martina Gómez León (4:09), Aitana García Picón (4:23) e Lara Suárez Santos (4:29).

Carreira Mazaricos 2023 4

Na sub14, resultaron gañadoras Carmen Paz Santamaría (12:01), Lara Abelleira Gómez (13:33) e María González Lestón (14:27) en feminina, e Josep Bastos Diz (11:31), Marcos Barcala López (11:39) e Gonzalo Ramos Sambade (11:50) en masculina.

Na categoría sub16 os podios foron para Tania López Pazos (12:06), Eva Formoso Recarey (12:24) e Nerea Lareo Barroso (13:06) en feminina, e Iago Mateos Calviño (10:38), Iván López Pazos (11:59) e Izan Pérez Caamaño (12:25) en masculina.

En sub18, as atletas que subiron ao podio foron Laura Castiñeira Bustamante (13:16), Arale Fabeiro Cao (13:52) e Iria García Figueroa (16:36), e os atletas, Hugo González Leston (10:36) e Xoel Forján Martínez (12:19).

Na categoría 3K Contra o Cancro resultaron gañadoras as corredoras Alejandra Formoso Recarey (12:01), Apolonia Bermúdez Canosa (12:15) e María de la Barca Toba Suárez, e os corredores Anxo Lado López (9:49), Fernando Otero Lado (10) e Luis Miguel Feiro Mirás (10:09).

Na categoría 10K, a campioa sub20 feminina foi Xoana Méndez González cun tempo de 58:58. Na sub23 masculina, Antonio Luaces Paz (40:53) e Alberto Martínez Pose (42:39).

Carreira Mazaricos 2023

Foron gañadoras da senior feminina Romina Luces González (44:43), Iria lago Andrade (47:06) e María José Pereira Bello (48:40), e da masculina Francisco Pais Fondo (32:54), Ricardo León Viñas (35:06) e Carlos Martínez Mayo (36:04).

Carreira Mazaricos 2023 6

Os mellores atletas locais foron Fernando García Rodríguez (50:34) e Rocío Alvite Ferreiro (40:44).

Nas categorías Máster, venceron en Máster 1 Feminina Tina Fernández Barreiros (38:07), Silvia García Lorenzo (40:24) e Banesa Atán Rodríguez (46:45). En Masculina, Jorge Rodríguez Lariño (35:35), Toñito Pardiñas Mallón (35:46) e José Manuel Tomé Suárez (36:13).

O Máster 2 Feminina foi para Rocío Alvite Ferreiro (40:44), E. Vanesa Blanco Rey (41:14) e Raquel Ramos Suárez (46:29). En Máster 2 Masculina subiron ao podio Óscar Pérez Lorenzo (35:57), Francisco Roca Ledo (36:15) e Josecho González Rey (36:38).

En Máster 3 Feminina venceron Teresa Castro Villaverde (43:40), Geli López Vilas (50:02) e María osé Traba López (52:27). En Masculina, Juan Castiñeira Romero (37:29), José Manuel Lago Ces (38:02) e José Manuel Pena Suárez (38:31).

Xa en Máster 4 Feminina, o podio foi para María Begoña Ramos Suárez (54:02), Amelia Andrade Lago (56:57) e María Ángeles Rodríguez del Río (57:04). En masculina, Francisco Javier Cepeda Gacio (42:02), Santiago Álvarez Lodeiro (43:05) e José Manuel Seoane Chas (43:48).

Carreira Mazaricos 2023 3

Comentarios