Mércores. 12.08.2020
El tiempo

Catro feridos tras un accidente na Picota

Catro feridos tras un accidente na Picota

Pasadas as 15:00h da tarde deste pasado sábado, acontecía un forte accidente frontal na Picota, á altura do Centro de Saúde. O choque saldouse con 4 feridos, que foron atendidos e evacuados en dúas ambulancias do 061.

Ao lugar achegáronse membros Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Santa Comba, ademais de axentes de Tráfico, o GES de Muros e os efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez evacuados os Bombeiros procederon coas tarefas de limpeza de la vía.

comentarios