Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As cifras das axudas do PAC demostran a importancia do séctor lácteo en Mazaricos

Visita a Ganderia Sar Serrans de Mazaricos 2
Visita institucional á Gandería Sar Serráns de Mazaricos
As cifras das axudas do PAC demostran a importancia do séctor lácteo en Mazaricos

Despois da súa visita por Bergantiños, o Delegado da Xunta Ovidio Romero quere seguir anunciando a apertura do prazo para que as explotacións gandeiras piden as axudas do PAC.

Unha axudas que teñen a súa importante pegada nas granxas da Terra do Xallas nos ultimos anos como destacaron esta mañá na visita á Gandería Sar Serráns, dedicada ao vacún de leite. As axudas a través da Política Agraria Común (PAC) mobilizaron en Mazaricos, nada menos que 3,4 millóns de euros en 635 explotacións. Un número ben importante se contamos que o orzamento municipal é de 2,5 millóns.

O alcalde mazaricán, Juan Blanco, destacou que “para as zonas rurais, estas axudas son as máis importantes tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido, e son básicas na aposta da Xunta por fomentar a competitividade da agricultura galega, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento”.

Visita a Ganderia Sar Serrans de Mazaricos

Aberto o prazo

Deste xeito, xa están abertos os trámites que regulan a aplicación dos pagamentos directos ás súas actividades e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control no marco da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2019. O prazo de presentación da chamada solicitude única está aberto ata o día 30 de abril.

As axudas están vinculadas á superficie destinada a cultivos proteicos para a alimentación animal ou á produción de legumes de calidade. Tamén se destinan axudas ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como as de ovino e caprino.

Os beneficiarios destas subvencións directas incluídas na solicitude única deberán dispoñer de dereitos de pagamento básico, asignados en campañas anteriores a cada agricultor ou gandeiro, ou ben procedentes da reserva nacional ou de cesións. Ademais, os agricultores que apliquen prácticas beneficiosas para o clima ou o medio ambiente poderán ter un segundo pagamento. Por último, estas axudas tamén poderán suplementarse cando sexan solicitades por agricultores menores de 40 anos que comecen a súa actividade agrícola.

Esta liña de axudas tamén teñen en conta os cultivos en zonas de montaña e para outras zonas con limitacións naturais para a actividade agraria, así como para explotacións de animais de razas autóctonas en perigo de extinción, para apicultura como medio de conservación da diversidade, para a xestión sustentable de pastos, a extensificación de vacún de leite e a produción de agricultura ecolóxica.

Novas relacionadas

Comentarios