![]()
Visita da Xunta a unha granxa de Santa Comba
Recibía esta mañá a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, ao delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, na explotación agraria Gandería Serpe SC, dedicada a produción láctea. Unha das granxas que recibiu dúas axudas da consellería de Medio Rural a través da Orde de subvencións para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a incorporación de agricultores mozos. Axudas que fan posibles
historias como as de Marcos e Silvia, que volveron a Mazaricos para ensinarlle a súa filla o que significa vivir no rural.
En concreto, esta explotación láctea acadou unha axuda para a cubrición da fosa de xurro, a instalación de novos silos e para construción dun cortello completo con capacidade para 65 vacas produtoras, que inclúe aloxamento gandeiro, zona de espera, leitería, oficina e aseo. Ademais, a granxa tamén recibiu unha segunda axuda para a incorporación como socio dun agricultor mozo.
Como esta, as explotacións de Santa Comba e Mazaricos, foron das que máis axudas recibiron do territorio:
Por comarcas, esta liña de subvencións tivo a seguinte distribución:
1.- Agricultores mozos
AGRICULTORES MOZOS
|
COMARCA
|
NÚM. EXPED.
|
AXUDA TOTAL
|
BERGANTIÑOS
|
3
|
80.000,00
|
TERRA DE SONEIRA
|
1
|
20.000,00
|
XALLAS
|
11
|
237.500,00
|
PROVINCIA
|
112
|
3.100.000,00
|
2.- Plans de Mellora
PLANS DE MELLORA
|
COMARCA
|
NÚM. EXPED.
|
AXUDA TOTAL
|
BERGANTIÑOS
|
12
|
210.275,78
|
FISTERRA
|
3
|
55.650,00
|
TERRA DE SONEIRA
|
3
|
171.963,22
|
XALLAS
|
16
|
898.871,26
|
PROVINCIA
|
182
|
8.920.488,80
|
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/unha-abarrotada-poxa-de-xovencas-e-a-degustacion-dun-tenreiro-frison-completan-unha-gran-semana-do-leite-en-santa-comba/
https://quepasanacosta.gal/a-semanagandeira-de-mazaricos-e-a-gran-referencia-na-provincia-e-unha-das-duas-mais-importantes-de-galicia/
https://quepasanacosta.gal/voltamos-a-mazaricos-para-que-a-nosa-filla-saiba-o-que-e-vivir-aqui/