Cine, Cabalgata e solidariedade para o Nadal da MZ


Xa coñecemos o singular concurso de escaparatismo e fachadas #Arrincauneucalipto ademais da doble cita coa Carreira e o Brinde Leiteiroque propón o Concello de Mazaricos para este Nadal. Pero son moitas máis cousas as que enchen o programa de Nadal, que se culminará cunha agrícola Cabalgata de Reis con tractores, no que cada asociación decorará o seu.
O programa inclúe tamén sesións de conciliación, con talleres matutinos para os nenos os días que hai vacacións nos coles.
O luns 25 haberá Gran Baile para os maiores, e o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29, cine para os pequenos, cada tarde a partir das 17:00h.
Cita importante o sábado 30, co concerto de Tania Fuegho o sábado 30 ás 22:00h.
Campaña de recollida de xoguetes

#Nadalconxogo é unha campaña solidaria que trata de que todos os nena da volta teñan xoguetes. Por iso, o baixo da Casa do Concello está aberto para recibir eses xoguetes que en bo estado xa non se utilicen.
Futsal Interparroquial

Nadal 17
- Álex López: Monólogo do Apalpador.
- Concello e Asociación arman un completo plan de Nadal en Malpica.
- A Carreira e o Brinde Leiteiro, o fin de ano máis auténtico de Mazaricos.
- Este Nadal, Santa Comba elixe o comercio local.
- Música, teatro e humor para o Nadal zaseiro.
- #PanxoliñaZas, de novo o concurso normalizador e audiovisual do nadal zaseiro.
- Camariñas e Vimianzo presentan os seus programas de Nadal.
- Os eucaliptos si valen para os adornos de Nadal en Mazaricos.
- Volven os dinamizadores concursos de Nadal a Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).