Venres. 29.03.2024
El tiempo

O coto Xallas-Beba terá dúas novas plataformas para achegar a pesca a persoas con mobilidade reducida

couto-sen-morte-Beba-XALLAS
O coto Xallas-Beba terá dúas novas plataformas para achegar a pesca a persoas con mobilidade reducida

O coto de pesca Xallas-Beba, no Concello de Mazaricos, recibirá obras de mellora da accesibilidade. Así o asinaron o pasado 24 a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o rexedor, Juan José Blanco, que informaron que as obras contan cun orzamento de case 117.000 euros, e se realizarán no primeiro trimestre do ano por Tragsa.

Os traballos consistirán na renovación de 7 pasos de pescadores e na creación de dúas plataformas de pesca en Colúns, de 10 metros de ancho, que permitan a práctica da actividade a persoas con mobilidade reducida. Os pasos actuais substituiranse por outros de madeira de piñeiro dun metro de ancho. Tres deses pasos ubicaranse na marxe dereita cunha lonxitude de 17 metros e catro na marxe esquerda cunha lonxitude de 21 metros.

Unha vez rematadas, será o Concello de Mazaricos o encargado do mantemento e conservación das mesmas.

A Conselleira Ethel Vazquez con Juan Jose Blanco alcalde de Mazaricos
A Conselleira Ethel Vazquez con Juan Jose Blanco alcalde de Mazaricos

Comentarios