venres. 30.01.2026
El tiempo

Denuncian que SERGAS responde á falta de médicos en Mazaricos con "papel mollado" e escusas burocráticas

Centro de SAude de Mazaricos
Centro de SAude de Mazaricos
Denuncian que SERGAS responde á falta de médicos en Mazaricos con "papel mollado" e escusas burocráticas

Trala queixas enviadas a semana pasada tanto polo goberno municipal como por Espazo Común, o grupo da oposición volve incidir hoxe esixindo que o SERGAS responda á falta de médicos en Mazaricos con "papel mollado" e escusas burocráticas

O voceiro de ESCO, Francisco Javier González Trillo, enviaba un escrito ante a xerencia do CHUS e o SERGAS pola alarmante falta de facultativos no Centro de Saúde, e a administración autonómica vén de remitir unha resposta que dende esta formación cualificamos de "insultante para os veciños".
Na súa comunicación oficial, a Consellería de Sanidade admite que a cobertura se fai "da mellor forma posible" debido á "dificultade de dispoñibilidade de médicos".

Para Espazo Común, esta frase é a confirmación de que a Xunta de Galicia renunciou a dar unha solución digna ao rural. Trillo entende que "a resposta do SERGAS é unha copia-pega que non soluciona nada. Din que fan 'verdadeiros esforzos', pero a realidade é que os despachos de Santiago quedan moi lonxe da sala de agarda de Mazaricos. Dende Espazo Común non imos aceptar que nos condenen a ser cidadáns de segunda. Seguiremos loitando por unha dotación de médicos digna e estable".

E debulla os puntos clave da denuncia:

  • O rural non pode ser o "parche" de Galicia: O SERGAS escúdase nun problema estrutural que eles mesmos crearon para xustificar que Mazaricos teña un servizo de segunda. Non faltan médicos por azar, falta planificación e dignidade laboral.
  • A "asistencia urxente" non é suficiente: A administración presume de garantir as urxencias 24h, pero esquece que un Centro de Saúde debe servir para a prevención, o seguimento de enfermos crónicos e a atención primaria de calidade. Sen médicos estables, a saúde dos nosos maiores está en risco.
  • Xestión de costas ao pobo: Lamentar o noso "desacordo", como fai a xerencia na carta, é unha falta de respecto. Os veciños de Mazaricos non estamos en "desacordo" por capricho, estamos indignados porque pagamos os mesmos impostos que calquera pero recibimos recortes a cambio.

Mazaricos non se rende-ESCO

Comentarios