Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Deputación analiza os investimentos de Mazaricos

O alcalde de Mazaricos coas deputadas en Santa Baia
O alcalde de Mazaricos coas deputadas en Santa Baia
A Deputación analiza os investimentos de Mazaricos

Onte, o Concello de Mazaricos recibiu á deputada de plans provinciais, Cristina García, xunto coa deputada polo do partido xudicial de Noia, Soledad Agra, para avaliar de primeira man os investimentos do Plan Único da Deputación da Coruña. A visita contou coa presenza do alcalde, Juan Blanco, e do tenente alcalde, Jorge Villar, nun encontro que evidenciou "o compromiso co desenvolvemento local, o progreso sustentable e a participación activa nos procesos de toma de decisión que afectan ás veciñas e veciños" por parte do goberno da Deputación.

Durante a xornada, as deputadas puideron coñecer a xestión eficiente dos fondos provinciais no marco do Plan Único, unha ferramenta esencial para o financiamento de obras e servizos públicos que benefician a toda a comunidade. O alcalde, Juan Blanco, agradeceu a visita e subliñou a importancia de que Mazaricos estea presente, directa ou indirectamente mediante representantes, nos lugares onde se toman as decisións que afectan á vida das veciñas e veciños.

Inversión estratéxica en obras de relevancia

Analizaron ademais o inverstimeto de máis de 409.000€ en proxectos como a mellora do abastecemento de Santa Baia e a ETAP do Pino do Val. 

O alcalde de Mazaricos coas deputadas
Cristina García, Juan Blanco, Soledad Agra e Jorge Villar

Plan Único POS 2024

No 2024, o Plan Único, que permite a paricipación da veciñanza na decisión das obras a asumr, asignará 685.830,88€ a Mazaricos, que en boa parte se destinará á infraestrururas viarias. O alcalde, sinalou a importancia desta ferramenta para os concellos pequenos, permitíndolles distribuír os fondos provinciais con maior autonomía e eficacia, sempre co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza, especialmente a do medio rural.

Comentarios