Venres. 29.03.2024
El tiempo

Detido un veciño como posible autor de 5 incendios forestais en Mazaricos

220309_MR_pista_vela_candea_incendios Mazaricos
Este anaco de vela foi clave na investigación
Detido un veciño como posible autor de 5 incendios forestais en Mazaricos

Foi o pasado verán de 2021 cando Mazaricos se producían 3 incendios consecutivos. A Garda Civil comezaba unha investigación, na que foi clave un novo intento de incendio acontecido o pasado 2 de febreiro deste 2022. Unha testemuña vía un coche aparcado nunha pista forestal, saíndo apresuradamente dun lugar onde minutos despois se iniciaba un incendio na parroquia de Chacín.

Foi chave a colaboración veciñal para atopar o vehículo e identificar ao suposto autor deste, e doutros 4 incendios, tres provocados na parroquia de Santa Baia de Chacín o pasado ano (un en marzo que afectou 0,3 hectáreas de monte raso, outro en maio que afectou 3,94 ha rasas e 0,5 ha arboradas e un último en xuño de 0,03 hectáreas rasas). Mentres, o pasado 2 de febreiro de 2022 rexistráronse dous incendios máis nos lugares de Vilariño de Chacín e Vioxo, na mesma parroquia. Afectaron respectivamente 0,27 e 0,19 hectáreas de monte raso, grazas á rápida intervención do persoal do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Axentes Ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería de Medio Rural, xunto co Grupo de Investigación da Unidade de Policía Autonómica (UPA) de Santiago de Compostela, esclareceron así os casos, descubrindo o modus operandi do presunto autor dos lumes, que no transcurso da declaración confesou que provocaba os incendios usando un chisqueiro e anacos dunha vela que deixaba na herba para conseguir afastarse mentres prendía o lume. Precisamente, na inspección ocular feita polos axentes ambientais atoparon o anaco da vela coa cal o presunto autor provocou o lume, claro indicio de intencionalidade.

A Xunta lembra a importancia da colaboración cidadá para escolarecer estes sucesos, e anima a informar no teléfono gratuíto 085, e para denunciar no 900 815 085.

Comentarios