Martes. 19.03.2024
El tiempo

Unha estación de bombeo ameaza a riqueza natural do monte da Ruña, o cumio máis alto da Costa da Morte

Monte da Runa en Mazaricos
Zona do Monte da Ruña onde queren instalar a central
Unha estación de bombeo ameaza a riqueza natural do monte da Ruña, o cumio máis alto da Costa da Morte

O proxecto da central hidroelécgtrica de bombeo de reversible no monte da Ruña (Mazaricos), promovido por XEAL, segue dando pasos cara a súa construción. Un proxecto que aínda está só sobre o papel, non está nin presentado oficialmente, e que, segundo sinalaba o alcalde, Juan Blanco, aínda terá que saír a concurso público. Porén, a empresa continua realizando o seus movementos e as súas reunións intentando facer asinar á veciñanza da zona contratos de arrendamento.

Falamos dunha estación que afecta directamente unha zona tremendamente rica medioambiental. Falamos do cumio máis alto da Costa da Morte, unha das xoias biolóxicas do país. Unha das poucas zonas de Galicia onde lobos e cabalos salvaxes manteñen case impoluta a cadea trófica.
A balsa e as tubaxes subterráneas afectarían ademais ao nacemento dun río, unha zona de turbeirase braña, e mesmo unha zona rica en patrimonio, como o demostra a presencia do castelo da Ruña.

Un proxecto para o que esperan contar cos fondos europeos Next Generation (para sufragar 18 millóns de euros de investimento), malia que o modelo de negocio sexa tan pouco sostible como o feito de subir cando a electricidade está barata (bombeando polos tubos dende o encoro de Santa Uxía (río Xallas) ao lago artificial creado na estación no Alto da Ruña, a uns 650 metros de altura) e precipitala cara abaixo, cara as turbinas para xerar enerxía hidroeléctrica, cando a electricidade está máis barata.

Presionando

A semana pasada celebrouse unha reunión entre varios representantes da veciñanza afectada de Colúns, Enxilde e Xián, co alcalde, Juan Blanco, e representantes de XEAL. Pero é que onte xa houbo outra reunión, a segunda en apenas 10 días, intentando convencer ás tres Comunidades de Montes que asinen a cesión dos terreos. Un feito que para moitos veciños é un xeito de “presionar”.

Se ben os terreos son das Comunidades, son unhas 130 casas entre Enxilde, Colúns e Xián (cunha media de idade de 70 anos), para os que a empresa promete un pago de 1.000 euros anuais, “unha esmola” para boa parte da veciñanza. Un pago que, en calquera caso, obrigaría mesmo a cambiar os estatutos das Comunidades.

As Comunidades (as de Enxilde, Xián e Colúns), nas reunións oficiais mantidas, confirmaban o seu rexeitamento ao proxecto, máis alá de algún presidente xa amosase a súa disposición a seguir negociando.

As entidades sociais aconsellan “non asinar nada” por agora, que non fagan caso das ameazas de que “despis virá outra empresa con menos cartos”.
Unhas ameazas que callan moitas veces en certa parte da veciñanza que estes días mesmo dicía aquelo de “esre caramelo ten pouco azucre, a ver se lle botamos un pouco máis”, intentando achuchar un pouco máis a oferta.
Pola contra, outra parte da veciñanza considera inaudito que se siga apoiando unha empresa que ten como único obxectivo “facer caixa a conta do patrimonio natural desta bisbarra”.

Fondos Europeos

Valen para isto os fondos europeos Next Generation? Valen para que empresas enerxérticas realicen investimentos con afectación directa no patrimonio natural que só serven para o seu enriquecemento? É esta a chamada “transición ecolóxica”?

Como un proxecto como este de tan alta envergadura como esta depende do si ou non dos veciños?

Se ten que saír a concurso público, como é posible que a empresa xa estea intentando asinar contratos de arrendamento coa veciñanza?

Colleita de sinaturas

A veciñanza está facendo xa unha colleita de sinaturas para intentar demostrar a importante afectación do proxecto:

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios