XEAL pretende construír unha estación de bombeo no monte da Ruña
Nova ameaza contra o patrimonio natural da Costa da Morte. A zona do monte da Ruña, en Mazaricos, zona de acuíferos, zona lobeira, de cabalos salvaxes… de fauna e flora singular, poderá convertirse noutra zona de caracter fabril. Outro exemplo de como convertimos a contorna natural, o solo rústico da Costa da Morte, nun parque industrial, un proceso irreversible.
A empresa XEAL pretende levantar unha central de bombeo na zona, que sirva para aumentar o volume de enerxía hidroeléctrica que produce, fomentando as voces que aseguran que a empresa ten moito máis interese na produción enerxética do río Xallas, que nas fábricas de Cee e Dumbría.
A empresa xa está tendo contactos cos Concellos da comarca e considera que pode ser unha obra sufragada con fondos europeos. En calquera caso, sería un proxecto que tería que saír a concurso e podería tocarlle a outra empresa que non sexa da zona.
Precisamente aí pon o foco o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco. “Entendo que sería un impulso para a zona se finalmente é XEAL a que se fai coa concesión e podemos vincular a produción do encoro cos potos de traballos das fábricas. Gañaríamos todo nese caso”, sinala. “Se sacan unha boa produción hidroenerxética, vinculan cos postos de traballo das fábricas e garantimos os postos 30 ou 40 anos, e ademais chegamos a un bo acordo de tributación no concello de Mazaricos, sería unha boa cousa para a comarca”.
En calquera caso, matiza que “hai que ver que opina Augas de Galicia, e hai valoralo tamén a nivel medioambiental”, sinala sen poder comparar as 20 e pico hectáreas que suporía o encoro en comparación cos eólicos que xa sofre o termo municipal.
En calquera caso, avisa: “Non sabemos nada, todo son especulacións”.
Parques eólicos
A situación do concello de Mazaricos é singular, porque boa parte do seu territorio está tamén amezada por novos parques eólicos. Xa é un concello tremendamente castigado, e de feito, pronto comezarán as obras do Parque Eólico da Ruña despois do acordo asinado entre empresa e veciñ@s, concello mediante, a pesar de que o propio Concello se prantara diante da empresa e denunciara que o parque está proxectado sobre terreos incendiados.
”Entendemos que foi un bo acordo, porque falamos dun convenio histórico”, sinala o alcalde Juan Blanco, tras terse que poñer do lado dos veciños. “Os veciños estaban conformes co Parque e querían un prezo xusto, e o acordo económico fai que as asociacións vaian a asegurar a súa permanencia durante 30 anos”.
Quixo distinguir co Parque Eólico A Picota I e II, pendente da decisión da Xunta e da case segura denuncia municipal. “O treiro entre Beba e Quintáns é infumable, atravesa o Concello con camiños arrasadores, próximos aos núcleos, a aldeas… e hai un gran rexeitamento social detrás”, afirma.
Un asunto importante que o alcalde valora é o proceder das empresas e da Xunta. “Se lle preguntasen primeiro aos Concellos onde se poden colocar os eólicos, que zonas son idóneas, cales teñen maior ou menor impacto… seguro que se farían mellor as cousas. Non é igual que chegar cos proxectos xa definidos sen ter en conta o coñecemento do lugar”, apunta. “A enerxía fai falta, é este o noso petróleo, pero teñen que repercutir no entorno social onde se instalan”, ratifica.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS de Mazaricos
- Marzo 22: As Asociacións de Mazaricos asinan un acordo coa empresa do P.E. A Ruña para que a súa instalación revirta na terra.
- Decembro 21: O Concello de Mazaricos confía en que a Xunta non aprobará os parques eólicos A Picota I e II.
- Novembro 21: O Tribunal Superior ratifica que o P.E. A Ruña II non pode ir en terreos que foron afectados polos incendios
- Novembro 21: O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro
- P.E. A Ruña III: Enriba dun humidal.
- Agosto 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.