Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Fede Pérez e Santi Romay levan a Mazaricos o teatro do absurdo

Cartel O Montacargas MAZARICOS 15-10-22
Fede Pérez e Santi Romay levan a Mazaricos o teatro do absurdo

Este vindeiro sábado, 15 de outubro, a Casa de Cultura da Picota (Mazaricos) acolle a representación da obra de teatro 'O Montacargas', escrita por Harold Pinter. O actor mazaricán Federico Pérez trae ao seu concello de orixe, xunto ao seu compañeiro o malpicán Santi Romay, unha historia que segundo o dramaturgo estadounidense Harold Clurman se move “a metade de camiño entre o humor e o horror”. Será ás 22:00 da noite e con entrada libre, sen necesidade de reserva previa.

Escrita nun único acto por Harold Pinter en 1957, a obra 'O Montacargas' foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática "Teatro do Absurdo". Nela coñecemos a historia de Ben e Gus, dous homes pechados nun cuarto miserablemente amoblado que comparten unha conversa intranscendente. Os diálogos permítennos intuír que se trata de dous asasinos a soldo que agardan instrucións. A través dun montacargas situado no cuarto van chegándolles misteriosas mensaxes. A futura vítima parece estar a piques de chegar.

Comentarios