Martes. 23.04.2024
El tiempo

Feijoo asegura en Mazaricos que loitará por evitar que o sector gandeiro teña que vender a perda

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, visita a granxa SAT Busto Corzón.Granxa SAT Busto Corzón, Mazaricos, 10/02/20
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, visita a granxa SAT Busto Corzón -Fotos: David Cabezón
Feijoo asegura en Mazaricos que loitará por evitar que o sector gandeiro teña que vender a perda

Recibía onte a granxa SAT Busto Corzón, en Mazaricos, a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado da Xunta Ovidio Corzón. Acompañados polo alcalde mazaricán, Juan José Blanco, a expedición percorreu as instalacións dunhas das granxas pioneiras do sector lácteo galego.

Feijoo asegurou que “non ten sentido que os gandeiros teñan que vender por debaixo dos prezos de produción”, polo que asegurou que a Xunta defenderá ante o Goberno Central a ampliación do acatálogo de condutas desleais “para evitar a venda a perda”, e profundizará para a modificación de dúas leis estatais. a lei estatal de competencia desleal e a lei de defensa da competencia.

Ademais, sinalou que a Xunta está traballando na estratexia de dinamización para o sector lácteo, que sacarán unha lei para impulsar o aproveitamento de zonas abandoadas, así como a ordenación legal da produción, recollida, transporte, almacenamento e xestión do xurro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, visita a granxa SAT Busto Corzón.Granxa SAT Busto Corzón, Mazaricos, 10/02/20O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, visita a granxa SAT Busto Corzón.Granxa SAT Busto Corzón, Mazaricos, 10/02/20

Comentarios