Luns. 07.10.2024
El tiempo

Feiraco reelixe ao seu presidente envolto nunha gran polémica

Feiraco reelixe ao seu presidente envolto nunha gran polémica
Papeleta de Feiraco sen o nome de Xan Ramos 2 Papeleta da Asemblea de Feiraco co nome da segunda candidatura escrito a bolígrafo

Como xa avanzou na previa da Asemblea Xeral, Xan Ramos recurrirá a votación que reelixíu a José Montes como presidente de Feiraco. Unha votación que deixa ás claras que os socios da entidade están a gusto cos seus beneficios actuais da man do presidente, que obtivo o 81% dos votos (539 dos 664), polos 125 (o 19%) do candidato alternativo, Xan Ramos.

Pero a asemblea estivo envolta en polémica dende o comezo, e chegou ao cumio cando os socios recibiron unhas papeletas nas que non aparecía o nome de Ramos, tan só o de Montes. O nome do segundo candidato tivo que ir a bolígrafo, polo que moitos votos foron considerados nulos. Só foi un peche esperpéntico para unha semana chea de trabas para presentarse.

Ramos era expulsado a semana pasada e readmitido pola Xustiza o pasado xoves, apenas dous días antes das votacións. Pero a directiva enviaba o venres unha carta aos seus socios sinalando que non ían facer caso da resolución e que non ían permitir que se presentase como candidato. Non foi así, e Ramos entrou perfectamente na asemblea e puido poñer, a boli, o seu nome nas papeletas, pero moitos dos que lle ían votar xa non foron á votación porque pensaron que non estaría.

Aseguran que moitos socios non lle comunicaron que había votación, mentres a outras que non eran socios si que recibiron credenciais para ir votar. Para algúns houbo un aumento de trámites burocráticos que nunca houbera. Así a participación rondou o 15%, pois eses 664 votos contabilizados foron emitidos polos case 300 socios asistentes (a cooperativa ten voto ponderado en función da súa comercialización de xeito que un socio pode ter ata 5 votos), dun total de 2000 socios que ten Feiraco (sumando uns 3000 votos).

"Pode ir adiante a impugnación?"

Ramos deixou claro que vai impugnar a votación, sinalando primeiramente que os estatutos da empresa sinalan que o presidente ten que ser titular dunha explotación agraria, algo que non puido xustificar o presidente.

Unha impugnación que será a continuación da xa realizada pola súa expulsión, e que Ramos considera que é moi posible que vaia adiante. "Estou preparando o recurso cos avogados e dinme que é un caso de libro", asegura un Ramos que entende que "as Cooperativas van adiante cando hai confianza, pero aquí a confianza hai tempo que se quebrou".

A situación segue sendo grave?

A asemblea serviu tamén para aprobar as contas de 2015, que deixan un beneficio de máis de 300.000€. Unhas contas en todo caso algo sospeitosas, pois a situación segue sendo mala, tanto a nivel particular de cada explotación, como a nivel global da empresa. A mesma consultora que está a facer a auditoría recoñecía na Asemblea que Feiraco debe 25 millóns. "É unha burla tan grande", denuncia o mazaricán.

 

Novas relacionadas

Máis novas agro-gandeiras

Fonte

Comentarios