Luns. 20.05.2024
El tiempo

Unha cooperativa mazaricá expulsada e readmitida pola Xustiza, preséntase ás eleccións de Feiraco

Unha cooperativa mazaricá expulsada e readmitida pola Xustiza, preséntase ás eleccións de Feiraco
Vista aérea de Feiraco, en Ponte Maceira Vista aérea de Feiraco, en Ponte Maceira

Movementos importantes estes días en Feiraco, a empresa leiteira máis importante da zona. Este sábado 11 de xuño celébrase unha importante asemblea anual na que se decidirá o novo presidente. Polo de pronto, haberá dous candidatos. Un, o actual presidente, José Montes Pérez; e unha lista alternativa comandada polo mazaricán Xan Ramos.

Parece que a asemblea será "movida", e un grupo de gandeiros xa solicitou a presencia dun notario para que levante acta e non haia "interpretacións diversas".

De feito, dende Mazaricos aseguran que a empresa expulsou recentemente a unha cooperativa mazaricá como socio para que, presuntamente, non se puideran presentar as eleccións deste sábado. As razóns que esgrimía a empresa para a súa expulsión é que non traballa en exclusividade para Feiraco, pero a realidade é que nesa situación están moitos otros gandeiros.
A cooperativa expulsada recurriu e a Xustiza vén de levantar cautelarmente a expulsión a través dun auto, polo que a cooperativa mazaricá poderá estar presente, e votar, na asemblea sabatina.

A "expulsada" e readmitida pola xustiza non é outra que a Cooperativa de Grille, da que o seu presidente, Xan Ramos é precisamente o candidato alternativo. Xa se presentou hai 8 anos, e perdeu, pero volve coa intención de conseguir a presidencia.

Falamos dunha empresa con historia, que nacía en 1968 gracias a unión de 400 gandeiros da provincia. A día de hoxe, con sé central en Ponte Maceira, Feiraco factura máis de 110 millóns de euros, ten máis de 200 postos de traballo, e abrangue unhas 500 gandeirías produtoras de leite de todo o país. Moitas delas, das zonas de Santa Comba e Mazaricos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios