Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Os tractores volven á rúa ante o inclumplimento reiterado dos acordos

Os tractores volven á rúa ante o inclumplimento reiterado dos acordos
Gandeiros do pais bloqueando o Carrefour da Coruna-Foto-Campo Galego Gandeiros do país bloqueando o Carrefour da Coruña-Foto-Campo Galego

Volta

Voltaban a a comezos deste decembro os Gandeiros á rúa. Facíano en clave informativa, pero este xoves 10 de decembro, recuperan as mobilizacións do pasado mes de setembro, cando colapsaron as principais vilas e distribuidoras do país.

Así, anunciaba onte Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo que comeza un segundo lote de mobilizacións, despois desa semana de campaña de información ao consumidor. Porque a realidade é que os distribuidores (grandes superficies, comercios…) subiron o prezo do leite, pero quedaron cos cartos, sen que revirta esa subida nos produtores. Deste xeito, todo o acordado polo Ministerio, con industria e distribuidoras polo medio, quedou en papel mollado.

Colapasando as grandes superficies

Amencía o Carrefour da Coruña colapsado por 50 tractores, que a media mañá xa case superaban as dúas centenas. Un bloqueo en protesta polos baixos prezos do leite destas multinacionais. Os tractores proceden das comarcas de Ordes, Arzúa e Ferrolterra,mentres os de Mazaricos esperan que a Plataforma convoque mobilizacións en Compostela (xa hai tamén sinaladas en Lugo.

“Están quedando eles cos cartos”

Falamos con Óscar Blanco, o presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos. Á espera de mobilizarse en Santiago, terán unha reunión esta fin de semana para confirmar a súa presencia.

”As distribuidoras anunciaron subidas de 5-6 céntimos tralo acordo de Madrid, pero están quedando eles con eles. As industrias están dicindo que as distribuidoras tampouco lles fan chegar esa subida, pero claro, entre eles téñen que presionarse un ao outro”.

Óscar recoñece que “o futuro está un pouco complicado” e só ve unha saída: “Como non se metan as administracion (Xunta e Ministerio) a poñer medidas sancionadoras duras, pouca presión podemos facer con estas folgas, que tamén a facemos. Pero se a unha empresa lle cae unha multa que lle compensa sobre o que produce con esa trampa, seguiráa facendo. As administracións teñen que facer medidas que non lles compense economicamente ás distribuidoras”.

A Plataforma indica que conforme pase o tempo e se reciban compromisos firmes por parte das firmas de distribución de trasladarlle o incremento do prezo dos cartóns de leite aos gandeiros, a presión irase cambiando de centro e de localidade. Con esta medida os gandeiros pretenden presionar ás empresas de distribución para que se comprometan "por escrito" a trasladar aos gandeiros os céntimos de máis que agora pagan os consumidores polo litro de leite.
Indican que as mobilizacións terán carácter indefinido e que serán obxectivo das mesmas os non asinantes do acordo de Madrid e os que,a pesar de asinar, manteñen unha actitude contraria a dito acordo.

Informando ao consumidor

O que parece claro é o apoio do consumidor que asumiu nestes últimos tres meses que ten que pagar un pouco máis polo leite. Pero se resulta que eses 5-6 céntimos de media que subiu o prezo do leite non acaban nos gandeiros, algo falla.

As grandes distribuidoras e comercializadoras non están cumprindo o acordado no pacto asinado hai unhas semanas para aumentar o prezo do leite coa mediación da Xunta e do Ministerio de Agricultura.
Unha situación da que responsabilizan, principalmente, ás multinacionais francesas, concretamente, Carrefou e Alcampo. "España produce o leite máis barato, pero está a importarse de Francia e Portugal", denuncian os gandeiros. Por iso pídenlle aos consumidores que mercen leite coa marca "100% galego”.

Os gandeiros reparten folletos informativos nas grandes áreas comerciais Os gandeiros queren informar ao consumidor da necesidade de mercar leite 100% galego

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios