Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África

A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África
Coro de Saint Luc Banabakintu en Mazaricos Coro de Saint Luc Banabakintu en Mazaricos

Espectacular a viaxe que está a facer o grupo Saint Luc Banabakintu pola Costa da Morte. Dende Costa de Marfil, este coro local está deixando un sabor riquísimo de todo o que agocha a África máis auténtica, achegando a Galicia o sorriso da nosa terra, onde non só hai fame e as cousas malas que vemos na televisión.

Gracias ao inmenso traballo da ONG Egueire, e da infinita paixón e dedicación de Desiré, o xa mítico párroco de Brens, este coro está rematando un mes pola provincia intenso. Un mes no que ademais de coñecer as marabillas, a forma de vida e a hospitalidade de Galicia, están deixando patente a forma de ser, festexeira, do seu país.

Este martes estarán ás 13:00h en Ameixenda, despois de pasar por Mazaricos, onde celebraron a Festa Africana máis grande da súa xira, e onde presentaron a súa exposición itinerante.

Dous mozos marfileños, aprendendo en Fonteboa

Un dos proxectos que máis nos gusta desta aventura africana-costeira é a chegada de dous mozos marfileños ao Centro de Formación Rural EFA Fonteboa. Coñeceremos de preto a historia de César e Joseph, que están aprendendo saberes agrícolas para levalos á súa terra.

O cura de Brens

Xa pasou a historia, por esta naturalidade. O de Desiré é tremendo. Despois de gañar o respecto dos veciños de Mazaricos e Zas, agora é santo e seña en Cee (nas parroquias de Brens e Ameixenda) e en Dumbría (en Buxantes):

 

Fonte

Comentarios