Martes. 20.10.2020
El tiempo

Un Garda Civil ferido grave tras un accidente na moto en Mazaricos

Un Garda Civil ferido grave tras un accidente na moto en Mazaricos

Esta mañá de venres aconteceu un accidente no km. 2,500 da AC-441 (Pereira-Berdoias) no termo municipal de Mazaricos, que se saldaba cun ferido grave, un axente da Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Corcubión.

O Garda Civil, xefe de parella, dirixíase a atender un sinistro vial en motocicleta facendo uso de sinais acústicos e luminosas reglamentarias, cando da marxe dereita incorpórase un turismo, colisionando coa motocicleta oficial na súa carril de circulación, a cal circulaba con preferencia.

O axente está ferido grave, fóra de perigo, e foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, con Posibles fracturas en perna e brazo esquerdo, pendente de diagnóstico definitivo. As Probas de alcohol e drogas realizadas ao condutor do turismo deron negativas.

IMG_20200619_115015

comentarios