Luns. 06.05.2024
El tiempo

Levan aos tribunais o parque eólico Banzas que afecta zonas de Mazaricos

Mapa eolicos de Banzas
Levan aos tribunais o parque eólico Banzas que afecta zonas de Mazaricos

Outro parque eólico pasará pola Xustiza. Desta volta falamos do Parque Eólico Banzas, que afecta aos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos, e é a entidade Ecoloxistas en Acción a que demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a grave afectación a humidais de gran valor natural.

A entidade xa presentar alegacións ao proxecto promovido Green Capital Power, pero a decisión da Xunta de aprobar a súa construción obrígaa a acodir ao TSXG. Consideran que ten un “severo impacto paisaxístico, sobre o medio natural e acústico, dado que o ruido das turbinas ubicadas cerca das viviendas supondrá unha merma importante na saúde e na calidade de vida da población afectada”.

Ademáis, a organización ecoloxista considera «un auténtico despropósito» que se aprobase este parque, dado que na mesma zona hai outros 10 proxectos eólicos en tramitación (entre eles Maragouto, San Cosmeiro, O Vao, Vaqueira, A costa, Alvite, AlviteI I, Troitomil, Vilartoxo..) e dous en funcionamiento (Serra de Outes e Corzán).

Ecoloxistas en Acción sinala que «esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das acometidas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparables consecuencias ao ecosistema da zona». Destacan que non se realizaron estudos hidrolóxicos e hidroxeolóxicos nin evaluado os impactos sobre Red Natura 2000, a pesar das graves afeccións que carrexará a construcción do parque eólico as zonas húmidas de gran valor existentes na zona.

Por iso, o colectivo ecoloxista considera que “é requisito indispensabel analizar os efectos ocasionados polo parque eólico Banzas de xeito individual, pero tamén de xeito acumulativo tendo en conta o resto de instalacións existentes ou proxectadas, dado que os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a empresa promotora, senon tamén sobre a población dos núcleos directamente afectados”.

Comentarios