Venres. 19.04.2024
El tiempo

A mazaricán Ara Nieto, nova triunfadora do Recantos

Recantos NdP
A mazaricán Ara Nieto, nova triunfadora do Recantos

Ara Nieto é a nova gañadora do concurso musical ‘Recantos’ de ‘Luar’, deste 2022. Natural de Mazaricos, a cantante representou á Costa da Morte e levou este venres o premio, de 5.000 euros, despois de interpretar no plató de ‘Luar’ o tema ‘O meu corazón seguirá’, coa sintonía da banda sonora da película ‘Titanic’. Nieto impúxose a Jennifer Cambón, de Terras de Ordes, que quedou en segundo lugar e levou un premio de 2.000 €.


    Nesta edición de ‘Recantos’ 2021-2022 participaron 20 cantantes procedentes de municipios de toda Galicia. O próximo venres, 22 de xullo, presentaranse no programa os concursantes da vindeira edición 2022-2023, que se amplía a participantes da comarca do Bierzo e tamén do norte de Portugal e en que novas voces de recanteiros e recanteiras protagonizarán este gran concurso musical anual, nunha das apostas da Televisión de Galicia pola música e polos novos artistas galegos.

Comentarios