Mazaricos acolle a presentación dos candidatos do BNG da comarca de Muros e Noira
11:12 26/01/23
Este domingo, día 29 de xaneiro, ás 12 h., o restaurante Casa Jurjo de Mazaricos acolle un acto de presentación conxunta das candidaturas do BNG da comarca da Ría de Muros e Noia ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio de 2023.
No acto intervirán Sol Agra, responsable comarcal, a portavoz nacional Ana Pontón, ademais do alcalde mazaricán Juan Blanco.
Ademais do que volve ser candidato ás eleccións de maio por Mazaricos, o acto será a presentación de María Lago como candidata á alcaldía de Muros.
Tamén partiparán os candidatos de Outes, Anxo Núñéz; Noia, Ricardo Suárez; Lousame, Anxo Moledo; e Porto do Son, Balbino González.