Mazaricos concéntrase ante o desmantelamento da atención primaria
O grupo municipal de Espazo Común Mazaricos, encabezado polo seu portavoz Javier González, convoca aos medios de comunicación a unha comparecencia pública que terá lugar o vindeiro luns, día 4, ás 12:00 horas, coincidindo coa concentración veciñal organizada en protesta pola precaria situación sanitaria que atravesa o municipio.
Durante o acto, denunciarase o peche continuado do centro de saúde os sábados, o que obriga aos veciños e veciñas a desprazarse ata Santa Comba para urxencias básicas. Pero tamén a drástica redución de persoal médico, pasando de 4 facultativos a 3, con xornadas nas que un único profesional debe atender a toda a poboación do concello.
Dende o Grupo ESCO ritican tamén a "inacción política do Goberno Local e do Partido Popular de Mazaricos".
