Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mazaricos acolle un curso de informática para maiores

Mazaricos acolle un curso de informática para maiores
curso informatica maiores mazaricos O vindeiro 23 de febreiro dará comenzo en Mazaricos dous cursos de informática para maiores. As clases, que se dividirán en dous niveis - básico e avanzado -, desenvolveranse todos os martes e xoves na aula de informática da Casa da Cultura. O horario será de 9 a 11 horas para os alumnos e alumnas do nivel básico e de 11:30 a 13:30 horas para o nivel avanzado. Os interesados e interesadas deben anotarse antes do 17 de febreiro na casa da Cultura ou no 981 867 104. Cada nivel terá un máximo de 10 alumnos que se seleccionarán por orde de inscrición. O curso está organizado polo departamento de Servizos Sociais do concello de Mazaricos.  

Comentarios