Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Os #Gandeirosenloita logran un preacordo

Os #Gandeirosenloita logran un preacordo
#Gandeirosenloita desbotando leite-Foto- Gandeiros_Gal2

Semana convulsa no sector gandeiro de toda Galicia. E tamén na Costa da Morte, onde a gran parte dos produtores secundan a campaña #Gandeirosenloita. Piquetes, manifestacións, asembleas, leite desbotada polas estradas, folga de recollida... Os produtores do sector lácteo, tras varios anos de problemas, pasan a acción.

I é que a situación é complexa. Máis de 65.000 familias de toda Galicia, unhas 3.000 só na Costa da Morte, están en serio perigo mentres os prezos de mercaro sigan sendo, ano tras ano, máis baixos que os custes de produción.
E que non pensen que fan a folga porque si, pois segundo o propio sinditaco de UUAA indican que a folga supón uns 2 millóns de euros de perda ao día, case que 250€ por explotación. Os cálculos dos 3 días que levamos de folga bastan para entender que aos que menos lle interesa é aos propios gandeiros.

Posible acordo

Parece que os movementos están a servir. Alomenos, esta mesma mañá @Gandeir@s galegos están asinando un preacordo coa Xunta. Parece pois que SLG, XXAA e UUAA xa están aconsellando aos gandeiros que suspensan o paro de entregas de leite. Un paro latente, que poderá estallar en calquera momento se non se tomen medidas urxentes e axeitadas.

Unha semana completa

Manifestación do sector lácteo-Foto- Clínica Vértebra

Ao longo desta semana houbo de todo: En toda a bisbarra practicamente os camións de Leite Río, a empresa maioritaria, apenas puideron recoller un só litro de leite. Pola zona de Coristanco e de Santa Comba, os sindicatos estiveron facendo piquetes, esperando que pasen camións para paralos e facerlles desbotar o #ourobranco.

Ademais, as rúas de Santa Comba acolleron manifestacións nas que ducias de veciños apoiaron aos produtores.

E importante foi a Asemblea celebrada na pasada noite en Santa Comba, á que acodiron centos de gandeiros de toda a zona. Iso si, chegaron protestas dende o sector, e hai denuncias aos sindicatos por crear separación entre os produtores.

Asemblea sindical do sector gandeiro en Santa Comba -Foto- Xoan Ramon Alvite

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios