Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos celebra un novo concurso de fotografía para o Calendario de 2023

concurso fotos mazaricos
Mazaricos celebra un novo concurso de fotografía para o Calendario de 2023

O Concello de Mazaricos convida un ano máis á veciñanza e a todas as persoas interesadas a colaborar na elaboración do Calendario 2023 municipal mediante un concurso de fotografía. Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías, tomadas dentro de Mazaricos, na que aparezan elementos como paisaxes, construcións, patrimonio, etc, encadrados no municipio e representativos do mesmo. 

As persoas participantes poden achegar as súas fotografías ao correo [email protected], xunto cos seus datos de contacto. O prazo de presentación, aberto o pasado luns 17 de outubro, chegará ata o luns 7 de novembro de ás 23.59h.

O martes 8 de novembro publicaranse no facebook  do Concello todas as imaxes recibidas. Procederase á súa votación ata o luns 21 de novembro de 2022 ás 23.59h. As fotografías gañadoras serán as doce que consigan maior numero de “gústames”, de forma que será a comunidade de seguidores en redes do Concello quen tome a decisión. 
O martes 22 de novembro de 2022 anunciaranse as fotografías gañadoras. As imaxes publicaranse no calendario citando o nome da persoa autora, e todas as persoas gañadoras do concurso recibirán unha copia do calendario independentemente do seu lugar de residencia. 
 

Comentarios