domingo. 11.05.2025
El tiempo

Mazaricos compaxina as xornadas gandeiras cunha Feira do Comercio

Mazaricos compaxina as xornadas gandeiras cunha Feira do Comercio
amepa mazaricos

Nova xornada gandeira que acollerá Mazaricos durante os vindeiros sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro. A Asociación de empresarios de Mazaricos (AMEPA) en colaboración co Concello de Mazaricos organizan a "Feira do Comercio", coincidindo coa V Xornada Técnica do sector lácteo (o 30) e coa VII Poxa de Xovencas de Raza Frisona (o día 1).

As carpas dos establecimentos que queiran participar se instalarán no polideportivo da Picota, sendo 50€ o precio da carpa para os socios da AMEPA e de 75€ para os non socios. Xa poden poñerse en contacto coa AMEPA no 981 85 20 31 ou a través do correo amepa.mazaricos@gmail.com. A data límite de inscrición é hoxe luns 4 de novembro.

Fonte

  • AMEPA.

Comentarios