Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Mazaricos despediu o 2023 cunha concorrida Carreira do Leite e Brinde Leiteiro

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023 1
Imaxe da divertida Carreira do Leite
Mazaricos despediu o 2023 cunha concorrida Carreira do Leite e Brinde Leiteiro

En Mazaricos, a San Silvestre chámase Carreira do Leite. Así despediu o 2023 o concello mazaricán, poñendo en valor o seu sector principal, o gandeiro, coa festa atlética e divertida e o posterior Brinde Leiteiro.

Un total de 128 corredores de todas as idades participaron nunha moi especial carreira de fin de ano onde o bo humor e os disfraces non faltaron.

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023-nenos

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023 3

Posteriormente, a Casa de Cultura da Picota acolleu o tradicional Brinde Leiteiro, onde nenas e nenos de Mazaricos leron bos desexos para o novo ano e os brindes foron feitos con leite. Este particular “ouro branco” é a gran riqueza de Mazaricos, primeiro produtor de Galicia.

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023-Brinde Leiteiro
Brinde Leiteiro

Clasificación

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023-ganadores

Na Carreira do Leite subiron ao podio un total de 24 corredoras e corredores de todas as idades. Na categoría absoluta, Vacas (persoas nacidas ata o ano 2008), o podio feminino foi para Noelia Espasandín Duarte (1ª), Dalia Fraga Martínez (2ª) e Raquel Parreño Lavandeira (3ª). Na categoría masculina, o primeiro foi Rubén Insua Díaz. O 2º, Jorge Rodríguez Lariño, con Kiko Lago Santiago de terceiro.

Na categoría Xatiños, os máis novos (nadas e nados de entre 2016 e 2019) o podio feminino correspondeu a Mariña García Casais, seguida por Daniela Muíño Villar e Gema Puga Antelo. O masculino, para Asier Pérez Antelo, Enzo Lema Varela e Xoel Castro Alvite. Todos os participantes nesta categoría levaron medalla.

Na categoría Becerros, persoas nacidas entre 2013 e 2015, foi Carmen Canosa Durán a primeira rapaza en chegar á meta, seguida por Berta Sánchez Sanz e Vera Atán Moledo. Entre os homes, os primeiros foron Eugenio Martínez, Martín Olveira García e Martín Vázquez Castro. Tamén nesta categoría houbo medalla para todos os participantes.

Por último, na categoría Xovencas (nados entre 2008 e 2012), subiron ao podio Catalina Labandeira Rodríguez e as irmás Ainhoa e Mónica Labandeira Vázquez. En canto aos homes, foron Fabián Andújar Tomé, Aitor Arán Martínez e Daniel Danis Maceiras.

O Concello de Mazaricos agradeceu o labor do equipo local de Protección Civil pola súa inestimable axuda na organización da carreira. Tamén agradeceu a Feiraco e Casa Grande de Xanceda as achegas de avituallamento, material e premios para esta carreira.

Carreira do Leite Mazaricos-Nadal 2023-Proteccion Civil

Comentarios