Martes. 10.09.2024
El tiempo

Mazaricos, o primeiro concello galego en produción de leite

240812_ConseMR_CUMA Xalla e Barcala
Mazaricos, o primeiro concello galego en produción de leite

Visita institucional onte ás as instalacións da CUMA de Xallas e Barcala e a Mazaricos. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo dúas reunións cos representantes xalleiros, para avaliar a situación actual e as perspectivas de futuro do sector
leiteiro. A conselleira reafirmou o apoio da Xunta a este eido clave do agro galego e que ten un peso moi importante na comarca do Xallas.

Neste sentido, María José Gómez puxo en valor o feito de que Mazaricos sexa o primeiro concello galego en produción de leite, con máis de 136 millóns de litros entregados a primeiros compradores, segundo datos correspondentes a 2023 do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Na mesma liña, a conselleira insistiu -como xa fixo a pasada semana nun encontro coas organizacións profesionais agrarias- en apelar á colaboración entre todos os axentes da cadea de valor do sector para traballar a prol da redución do diferencial existente entre o prezo do leite galego que perciben os produtores e o do resto de España.

Comentarios