![xornada portas abertas naturmaz]()
Afeccionados da aviación chegados dende distintos puntos da comunidade concentraranse o
sábado 23 de xullo nas instalacións de
Naturmaz, en Mazaricos, un dos maiores aeródromos e complexos de turismo activo máis grande da península.
Os ultralixeiros comezarán a chegar sobre as 10 da mañá. Entre as 11 e as 13 horas levaranse a cabo diferentes
workshops dirixidos a axencias de viaxes, onde se lles explicará as diferentes actividades, paquetes turísticos, o funcionamento do complexo,... As empresas interesadas en participian deben anotarse antes do 20 de xullo.
Á unha da tarde haberá unha exhibición de aves rapaces e durante toda a mañan haberá tamén
exposicións e exhibicións de
drons, autocaravanas,
kayaks, ultralixeiros, paramotores, tiro con arco, actividades de turismo activo entre outras actividades. A xornada remata ás 15 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Naturmaz