Nova proposta no proceso de licitación da central de bombeo na Ruña

Imaxe do Monte da Ruña onde iría instalada esta estación de bombeo

Volve a actualidade a estación de bombeo da Ruña. Unha estación hidroeléctrica baseada nun fundamento claro: bombear cara arriba dende o encoro de Santa Uxía auga cando a electridade está barata, e turbinar cara producir enerxía teoricamente sustentable cando a electricidade está máis cara.

O expediente atópase nestes momentos en fase pública de competencia de proxectos, e vén de rexistrar unha nova oferta no proceso de licitación que ten aberto o goberno central. Ademais da presentada por XEAL, vén de presentar unha proposta a empresa Feroe Venture & Investments SLU, unha sociedade que, segundo o BORME, ten por socio único a Kehlen Industries Management SL; isto é, a empresa que en 2019 comprou Ferroatlántica a Ferroglobe.

Unha situación complexa ante o Comité de XEAL reacciona presentando alegacións á solicitude presentada pola compañía, por entender que “vulnera a cláusula de vinculación societaria, que impide calquera concesión hidroeléctrica nos ríos Xallas e Grande distinta daquelas das que sexa titular a empresa titular da fábrica de ferroaliaxes de Cee”.

”Conceder unha nova concesión hidroeléctrica sobre estes ríos a unha empresa (Feroe Venture & Investments SLU) distinta da actual concesionaria, máxime se trata dunha nova central de bombeo nunha presa cuxa explotación hidroeléctrica xa está concedida á empresa Xeal SAU, actual titular da fábrica de ferroaliaxes, supón unha vulneración flagrante da claúsula substancial de vinculación societaria e, sería, por tal motivo, nula de pleno dereito", considerande dende o Comité.

En calquera caso, “o comité reclama garantías do cumprimento da legalidade, esixíndolle á empresa un aumento da actividade industrial e do emprego na factoría proporcional ao rendemento económico que lle dará a nova concesión hidroeléctrica. Pois tal é a finalidade que a cláusula persegue, tal e como o TSXG e a propia Augas de Galiza teñen declarado”.

NOVAS RELACIONADAS