Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Plataforma "Salvemos A Ruña" nace con apoios

Monte da Runa en Mazaricos
A Plataforma "Salvemos A Ruña" nace con apoios

Continúa o salvaxe monte da Ruña ameazado pola construción dunha estación de bombeo de altura. De aí que a veciñanza continúe mobilizándose para intentar parar este proxecto industrial empresarial que afectará directamente a un espazo natural singular.

Xa está formada (pero aínda non formalizada oficialmente) así a Plataforma “Salvemos A Ruña”, con ducias de veciñ@s interactuando para obter toda a información posible.

A Plataforma nace ademais con apoios como o da Asociación Monte Pindo Parque Natural. A entidade carnotá considera que o monte da Ruña, na área de influencia do olimpo celta, forma parte, xunto coa Devesa de Anllares e o río Xallas, “dun espazo natural interdependente onde os animais móvense e buscan alimento e acubillo nel. Destruír unha das patas desta “mesa biolóxica” esnaquizaría as outras tres, por iso non podemos consentir que en aras dun capitalismo salvaxe e depredador, se destruia unha xoia da biodiversidade galega”, apuntan.

Denuncian ademais que a promotora, Xeal, estea “desmantelando as fábricas de Cee e Dumbría (…)” mentres o seu “ único interese de Xeal está en recoller os millonarios beneficios xerados pola produción de enerxía eléctrica dos encoros do río Xallas”.

”Queremos que A Ruña non sufra máis despoboamento e abandono, e para iso, fan falta políticas de apoio ao medio rural, crear cooperativas que fagan máis levadeira o custe da produción agraria aos veciños da Ruña. Queremos un futuro baseado na agriculltura, gandería e manufactura dos seus productos para as novas xeracións da Ruña”, sinalan.

Enganden ademais outro apuntamentos: “A Ruña e a nosa bisbarra xa ten dabondos aeroxeradores eólicos e encoros. O río Xallas é un dos mais explotados para a producción de enerxía hidroeléctrica. A destrucción medioambiental da nosa bisbarra chegou o seu límite”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios