Mazaricos infórmase sobre o impacto da estación de bombeo na Ruña
A falta de información pública é unha das grandes eivas de proxectos industriais nos nosos montes como son as poligonais eólicas. Algo semellante acontece coa estación de bombeo en altura que XEAL pretende instalar no monte da Ruña, en Mazaricos. E para iso, a recén constituída Plataforma “Salvemos A Ruña”, despois de mollarse baixo a tormenta, organizou unha charla informativa.
Unhas 40 persoas, se cadra máis xente da contorna que do propio concello mazaricán, acodían a coñecer de preto as consecuencias que pode ter un proxecto coma este.
Abríu a sesión de relatos, un veciño de Valadouro, afectado por un proxecto similar algo máis avanzado, lembrando que se trata dun mero exercicio economicista da empresa de turno, que non é unha enerxía renovable senón que se basea en bombear auga dende abaixo cando está barata a enerxía, e lanzala cara abaixo para xerar a mesma enerxía que consumiches ao subila, pero en horas punta, cando está máis cara.
Todo un xeólogo de relevancia estatal como Vidal Romaní destacou a importancia xeolóxica da zona como Juan Ramón Vidal Romaní destacou a importancia xeolóxica e natural da zona.
Xosé Alfredo Pereira, da Organización Galea de Comunidade de Montes, expuso os necesarios trámites que un proxecto necesita dentro dunha destas entidades para poder ser levado adiante.
Tamén participou na mesa un representante de ADEGA, que foi máis taxante. Fins Eirexas considera que “a Unión Europea non vai permitir unha ”aberración” así” nos nosos montes e describriu as consecuencias que tería a estación para a zona e para a veciñanza.
NOVAS RELACIONADAS
- 04-09-22: A veciñanza mazaricá berra baixo a tormenta “A Ruña é nosa”.
- Agosto 22: Máis apoios para que a “Plataforma Salvemos A Ruña” poida parar o proxecto da estación de bombeo.
- Agosto 22: A Plataforma "Salvemos A Ruña" nace con apoios.
- Agosto 22: O PSOE pregunta no Parlamento pola estación de bombeo da Ruña.
- Agosto 22: Unha estación de bombeo ameaza a riqueza natural do monte da Ruña, o cumio máis alto da Costa da Morte.
- Marzo 22: XEAL pretende construír unha estación de bombeo no monte da Ruña.