Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PSOE pregunta no Parlamento pola estación de bombeo da Ruña

Monte da Runa
Monte da Ruña nunha foto de Francisco Santiago López
O PSOE pregunta no Parlamento pola estación de bombeo da Ruña

A raíz das denuncias da veciñanza en QPC, é o PSOE provincial o que levou a alerta medioambiental que supón a construción dunha central hidroeléctrica de bombeo de reversible no monte da Ruña.

A deputada do Grupo Socialista Noa Díaz Varela ven de pedirlle explicacións á Xunta de Galicia, destacando que “a zona que rodea ao río Xallas ten un importante valor ambiental que podería estar en risco”, e quere saber si a Xunta está a tramitar algún expediente neste sentido.

Porque por agora, a pesar dos intentos de XEAL xa de asinar contratos con propietarios, “hai un total descoñecemento da existencia dalgún expediente ou consulta da empresa promotora á administración galega sobre o proxecto para que a construción supoña unha afectación negativa mínima á contorna natural”.

A deputada socialista empraza ao Executivo galego a dar conta da planificación que se fixo deste proxecto hidroeléctrico, pois todo indica que xa conta co respaldo do goberno municipal, pese a tratarse dun espazo de alto valor ambiental e ecolóxico “que xa está a ser afectado negativamente polos numerosos parques eólicos” proxectos para esta comarca.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios