Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Pimaz denuncia unha parálise absoluta no concello de Mazaricos

O Pimaz denuncia unha parálise absoluta no concello de Mazaricos

Transcurrido cinco meses das eleccións municipais chéganos a primeira nota de prensa do grupo PIMAZ, grupo con dous concelleiros, da man do seu voceiro Nico Martínez Almallo. Martínez asegura que as promesas do alcalde Jose Manuel Santos Maneiro en campaña electoral "non era máis que o mesmo fume que leva vendendo nos últimos anos". Por iso, asegura que non lle serven as frases de “xa está presentada a documentación estamos a expensas de que o órgano X decida...”.

Concreta Martínez e sinala que "o polígono segue na mesma situación, non se poden instalar empresas debido a situación do terreo". Por outro banda "os veciños de Val seguen igual, é decir, 18 anos sen os seus terreos con falsas promesas".

"A gardería según nos informaba o Sr. Maneiro íase inaugurar en xuño", e parece que aínda non hai data de apertura.

Continúa co "abastecemento de auga a certos lugares (San Cosme, Maroñas....) os cales levan anos con estas demandas, chegándolle a instalar a traida, a levantala con posterioridade para despois volver a instalala de novo... e como non, de momento todo segue igual sen auga".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Portavoz municipal do Pimaz, Nico Martínez Almallo.

Comentarios