Venres. 18.10.2019
El tiempo

O Pleno de Mazaricos dá un novo paso para o Campo de Tiro

O Pleno de Mazaricos dá un novo paso para o Campo de Tiro
Pleno de Xullo en Mazaricos Pleno de Xullo en Mazaricos

Tiña lugar o pasado venres un tranquilo pleno ordinario do Concello de Mazaricos, que apenas duraba media hora. Un pleno que tivo como gran protagonista o futuro Campo de Tiro, xa que parece "unha realidade totalmente palpable”, segundo apuntou o alcalde Juan José Blanco Riveiro, despois de aprobar a modificación do plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. O alcalde, “a obra do campo de tiro que antes ía de arriba a abaixo e agora múdase para non ter problemas co tendido eléctrico". Ao fío disto engadiu que "a parte física quedaría rematada co montante de 59.000€, logo faltarían as máquinas pero iso tamén depende do tipo de xestión que se decida para o proxecto", afirmou.

O segundo punto foi a aprobación, cos votos en contra do PP, dunha moción, rexistrada polo grupo do BNG en relación ao plan de mellora dos camiños rurais. O grupo de goberno considera "insuficiente" o orzamento de 60.000€ por un periodo de dous anos concecido pola Xunta, o único procedente de Medio Rural.

Outra das mocións que se rexistrou, esta por unanimidade, foi a a presentada pola asociación feminista Buserana. Así, o goberno municipal comprométese a levar a cabo actos de visibilización do rexeitamento da violencia machista, engadir dentro das partidas fondos para actividades de sensibilización e prevención, coordinación cos centros educativos para levar a cabo actividades que fomenten a igualdade e coordinación cos centros de saúde para a prevención e detección de casos de maltrato.

Auga de San Cosme

Á pregunta do popular Nico Martínez sobre o estado da auga en San Cosme, Riveiro explicou que se algún veciño quere conectarse xa pode. Porén, sostivo que "a cuestión é que os prezos son os establecidos no 2006. O que plantexamos é axustalos e baixalos para igualar as condicións en todo o Concello". Do mesmo xeito o nacionalista explicou que se conseguiu unha "nova captación de auga en Pino de Val". "O punto de auga resultante, preto da Armenteira, é suficiente para encher un depósito por día. Estamos a negociar coa Deputación para a obra", explicou.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios