Venres. 29.03.2024
El tiempo

O POS permite acondicionar espazos libres de Mazaricos e rúas de Ponteceso

O POS permite acondicionar espazos libres de Mazaricos e rúas de Ponteceso
Campo da Feira e parque infantil da Picota Campo da Feira e parque infantil da Picota

Os espazos libres públicos na Picota e en San Cosme serán mellorados en breve. O POS+2017 da Deputación permítelle ao Concello de Mazaricos investir case 45.000€ para diversas actuacións.
No parque infantil da Picota e o Campo da Feira realizarase o acondicionamento da pérgola que hai ao seu carón mediante a instalación de panos de vidro co obxectivo de resgardalo do vento. Ademais, está previsto a formación de bancos corridos que incrementan as zonas de asento nesta praza. Tanto o parque infantil coma a zona de estancia son moi utilizadas polos veciños, máis aínda os días de feira local, que se celebra dúas veces ao mes, colocándose os postos entre o parque infantil e a pérgola.

Na escola infantil Galiña Azul, que actualmente conta con 25 alumnos matriculados, levarase a cabo o prolongamento da marquesiña existente sobre os espazos libres no acceso suroeste. Con esta obra se pretende protexer da choiva o percorrido entre o aparcadoiro e o acceso á mesma. Tamén está previsto realizar melloras na accesibilidade co remate da beirarrúa e a execución dun vao peonil, a rehabilitación do peche do parque de xogos e a instalación dun xogo infantil e de mobiliario urbano.

Escola infantil (Mazaricos) Escola infantil de Mazaricos Centro de saúde Centro de saúde

Ademais, no centro de saúde, instalarase unha pérgola para protexer da choiva o acceso de ambulancias. Trátase dunha intervención sobre a edificación existente que ten por obxecto a creación dunha zona cuberta para protexerse da choiva e o vento no espazo libre asociado ao equipamento. Esta actuación é moi demandada polos usuarios ao tratarse do ámbito no que se realiza a transferencia de pacientes entre as ambulancias e o centro.

Por último, realizarase a substitución de carpintarías nos cortaventos dos accesos ao CEIP Víctor Saénz de San Cosme.

Melloras nas rúas de Corme

A Deputación da Coruña financia, tamén no POS+17, con 169.590,59 euros a mellora das rúas nos núcleos de Ponteceso, Couto e Corme.
Os traballos de mellora en Ponteceso centraranse na Rúa Cruceiro onde se pretende a pavimentación con zahorra, grava con rega semiprofunda e aglomerado quente.

No referente ás rúas do Couto, preténdese a mellora da capa de rodaxe do vial con aglomerado en quente previo bacheo de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

En Corme, preténdese a continuación da pavimentación das rúas Real e Huertas. Os traballos centraranse na execución dun pavimento de formigón desactivado combinado con adoquín, unha solución semellante á existente nas rúas xa reformadas. Tamén se contempla a execución dunha rede de pluviais que permita separar estas da rede de fecais e a adaptación das arquetas e pozos das redes existentes.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios