De Negreira a Perú pasando polo Ézaro, o libro de viaxes de Rubén Suárez Carballo
22:27 21/01/21
Témolo visto colgado da Fervenza do Ézaro, en varias ocasións, pero hoxe coñecemos de preto outra faceta do bombeiro nicrariense Rubén Suárez Carballo.
Este amante do alpinismo e de viaxar vén de presentar o seu primeiro libro: “El viaje que debía”. Editado por Medulia e distrubiudo polo Consorcio Editorial Galego, poden pedilo en calquera libraría que o terán en poucos días.
Trátase dun libro de viaxes, de relatos de viaxes que nos serven, nestes tempos de case confinamento, para abrir a nosa mente, a nosa fiestra ao mundo.
Así deixaba o polifacético escritor de Negreira, a súa presentación nas redes:
&nbps;Novas relacionadas
- Setembro 2020: O Barranco do Xallas recupera o seu atractivo deportivo.
- Setembro 2019: “Colgados” na Fervenza do Ézaro (II) .
- Novembro 2011: “Colgados” na Cascada do Xallas.