Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Barranco do Xallas recupera o seu atractivo deportivo

Barranquismo no Ezaro con Ruben Suarez Carballo
Barranquismo no Ézaro con Rubén Suárez Carballo
O Barranco do Xallas recupera o seu atractivo deportivo

Volvérono facer. O Bombeiro nicrariense e o seu equipo de deportistas veñen de disfrutar esta pasada fin de semana dunha xornada de barranquismo no río Xallas. Unha sesión espectacular, só apta para xente con experiencia ou acompañado de empresas especialistas.

Pero a realidade é que o caudal que ten agora mesmo o río xalleiro permite que a fervenza manteña o atractivo turítistico, pero tamén permite recueprar “unha parte moi interesante” do que era o Barranco do Xallas antes da liberación da fervenza. Dende que aquela denuncia de Ríos con Vida obrigase a permitir o caudal ecolóxico perdéranse case todas as visitas deportivas ao que os especialistas chamaban a “Catedral do Descenso de Canóns”.

Nestes últimos anos apenas catro bravos mantiñan a visita estival (en inverno polas choivas o caudal sube moito, o que combinado coa friaxe das augas fai absolutamente imposible facer o descenso), pero “o caudal deste mes de agosto é perfecto para manter as liñas turístico-deportivas”, explica o propio Carballo. De feito, conta que “volve ser tremendamente atractivo volve a descender o tramo final polo sitio máis espectacular, pero ollo, non como antes, posto que a dificultade técnica segue a ser alta”, explica.

Nese sentido, Carballo creo que “con estas condicións volve a ser un barranco atractivo para que as empresas de turismo activo, que foron desistindo de vir, retomen este sitio como destino nas súas ofertas, posto que descendendo a fervenza final, polo lado menos exposto supón restarlle a perigosidade que significa meterse polo chorro principal”.

Así, conclúe que coa “apertura da vía “Olimpo Vertical”, podemos meternos no reto de afrontar o que denominamos a “Integral do Xallas, que é descender o barranco e seguir nadando directamente pola Poza do Miradoiro para achegarse ata as laxas que nos sitúan nos rapeles desta nova e espectaclar ruta”.

Todo, iso si, só para expertos ou acompañados de empresas especializadas.

Novas relacionadas

Comentarios