Luns. 14.10.2024
El tiempo

Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite

Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
Gandeiros de Mazaricos regalando leite na Praza de Lugo da Coruña na mañá deste luns 14 de setembro, no 8º día de loita Gandeiros de Mazaricos regalando leite na Praza de Lugo da Coruña na mañá deste luns 14 de setembro, no 8º día de loita Malia que a Xunta e certos grupos mediáticos están intentando dividir a un sector máis unido que nunca, a loita dos Gandeiros segue moi viva. Despois da semana de folga e manifestación, ante a falta de compromisos reais do Ministerio, decidían continuar dando guerra bloqueando ás 15 industrias lácteas do país. E unha vez ocupadas as industrias, continúan bloqueando as entradas e saídas da central loxística de Gadis, en Betanzos, e a de Vegalsa, en Oroso. Os tractores voltaron de Compostela para achegarse ás diferentes industrias da zona, como Lácteos Pérez, en Santa Comba, e dun xeito totalmente pacífico, están impedindo o paso de camións de transporte de leite. Moitos dos que se achegaron á fábrica xalleira eran membros da activa Asociación de Gandeiros de Mazaricos, que seguen tendo que tirar “o muxido” durante estes días pola folga. Xa que tras un mes de mobilizacións e a falta de acordo por parte de Goberno, industrias e distribución, Galicia amenceu, de novo, vertendo miles de litros de leite ao longo de todo o seu territorio. O presidente da Organización de Produtores de Leche (OPL), Manuel Iglesias Agra, quixo ser dos primeiros, derramando centos de litros de leite das vacas da súa explotación, localizada en Barbeira, no concello de Santa Comba. Os Gandeiros bloquearon as Industrias do pais como Lacteos Perez de Santa Comba e Feiraco de Negreira Ademais, durante unha Asemblea celebrada onte domingo, decidiron “continuar coas accións de bloqueo á industria e á distribución, despois de repasar, punto por punto, o acordo que se pretende asinar en Madrid”. Os gandeiros de Mazaricos concluíron que era preciso turnarse para seguir coas mobilizacións, polo que anima a todos os gandeiros da zona a seguir mantendo unha unión inédita, que seguro dará resultados.

Reunión sen froitos

Vineta de Hermanager Humor sobre comprar leite Ben é certo que polo de agora os políticos non están movendo un só dedo. A reunión do pasado venres entre a Xunta e os gandeiros tampouco acabou con acordo, e os representantes sindicais esixen que o acordo defina o que é prezo mínimo para o gandeiro e que se establezan por lei sancións para evitar o incumprimento por parte da industria e da distribución. A Organización de Produtores de Leche (OPL) mantén aberta a pelexa, e por iso deixaron varios tractores aparcados preto das oficinas da Xunta, “para que se lembren de nós”. A OLP piden unha reunión “este mesmo luns co Feijoo para ver ata que punto está disposto a desbloquear esta nova situación, para tomar medidas e actuar en función da súa resposta”. Uns gandeiros, que para agradecer a paciencia dos veciños de Compostela, repartiron outros 2.000 litros de leite cru de balde en dous puntos da capital, a Avenida de Lugo e Porta Faxeira. Mesmo obsequiaron, ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, cun tractor cunha placa coa data de liberación da cidade, en agradecemento ao apoio do concello e da cidadanía ao sector lácteo e como desculpas diante das molestias ocasionadas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios