Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os gandeiros reparten información entre a cidadanía para explicar a súa grave situación

Os gandeiros reparten información entre a cidadanía para explicar a súa grave situación
Os gandeiros reparten folletos informativos nas grandes áreas comerciais Os gandeiros reparten folletos informativos nas grandes áreas comerciais Despois de meses de movilizacións e de promesas, a situación segue sendo complicada para os gandeiros. Este é o motivo polo que as diversas organizacións e asociacións que compoñen a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego comezan en Santiago unhas xornadas pedagóxicas para explicar á cidadanía o que oculta a distribución detrás da subida do prezo do leite. Os representantes da Plataforma explicaron onte, en rolda de prensa, que os gandeiros seguen a estar igual que en xuño e peor. “A subida de tres a cinco céntimos de euro no leite só repercutiu nos petos dos consumidores, máis non nos dos produtores. Por outra banda, dende a administración non están aportando solucións a este incumprimento do acordo asinado en Madrid”, detallan. Así mesmo, critican que “é falso que se estean a dar moitas e novas axudas ao sector, porque as subvencións da PAC non son de agora e ademais non solucionan un problema tan grave”. Insisten que fai falta unha normativa reguladora, pero sobre todo que as partes asuman os seus compromisos, xa que os máis prexudicados sempre son os mesmo, o eslavón máis débil da cadea: os gandeiros. Sinalan a urxencia de que os decretos comprometidos dende o Goberno “vexan a luz xa”, porque a situación de crise do sector “non se pode permitir máis esperas”. Engaden que “si ben é certo, que houbo unha subida do prezo nos lineais, posto que non hai leite por debaixo dos 0,59€ e que se deixou de utilizar o leite como reclamo, tamén é certo que só con presión reaccionan os axentes determinantes”. Por elo, anuncian que “volven á carga para poñer á sociedade de parte dun sector afundido e para que a distribución, os primeiros compradores, industria e Administracións fagan o que teñen que facer”. Novas tractoradas A pesar de que de momento só repartirán información en grandes áreas comerciais e que mobilizarán tractores para rodear San Caetano e a delegación do Goberno na Coruña; ameazan con tractoradas masivas como as de agosto e setembro “ou o que faga falta para obter resposta a un problema que está eliminando moitas explotacións non só do mapa galego, senón do conxunto do Estado”. Denuncian “o pouco interese que teñen mostrado Goberno, industria e distribución para cumprir un acordo chamado histórico e que resultou un fracaso” e ironizan con que con “esa tan anunciada e glorificada suba de cinco céntimos de euro moitos miles de litros ten que vender un gandeiro para poder tomar café con leite que custa 1,20€”. Neste senso, denuncian, ademais, que hai moitas empresas que seguen importando leite francés, cando falan de redución de produción e de contratos á baixa. A estes mesmos, presionaraos tamén “intentando parar o consumo do leite que venden e distribúen, senón acatan os compromisos adquiridos”. Fonte  Novas relacionadas

Comentarios