![Os hostaleiros de Mazaricos mantiveron unha reunión con membros do concello]()
Os hostaleiros de Mazaricos mantiveron unha reunión con membros do concello
Que a unión fai a forza é un tópico que está máis que demostrado. E se non que llo pregunten a
asociacións de empresarios como a de Baio, Carballo, Laxe, Ponteceso,... que nos últimos meses levaron a cabo - e con éxito - varias campañas de promoción coas que conseguiron cumplir os seus obxectivos.
Agora é o turno do
sector hosteleiro de Mazaricos que, durante unha reunión mantida con membros do concello mazaricán, decidiron formar unha asoación da que xa teñen unha directiva "provisional". Nesta primeira toma de contacto, ambas partes - hostaleiros e concello -acordaron realizar accións conxuntas que axuden a darlle unha maior visibilidade tanto aos establecementos como á vila. Entre as primeiras accións que pretenden realizar é a de potenciar a variante da Picota dentro do
Camiño de Santiago.
Unhas das principais ferramentas de difusión que empregará a nova asociación de hostaleiros serán as
redes sociais; a través das cales darán a coñecer as súas campañas e iniciativa. Para iso, o concello comprometeuse a colaborar na realización de vídeos e imaxes que axuden a darlle unha maior visibilidade aos contidos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)