Os plenos de Vimianzo e Santa Comba apoian o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil


Seguen varios colectivos da comarca de Soneira buscando apoios para a recuperación do camiño Santiago-Muxía por Brandomil. Despois de demostrar na práctica unindo Santiago e Muxía pola mítica ponte zaseira, agora andan á procura dos apoios das institucións para devolver a vida deste tramo recollido documentalmente dende o século XIII.
Desta volta foron as Asociación Cultural Baíñas no Camiño e Asociación Parroquial de Berdoias, as que presentaron unha moción no pleno de Vimianzo. Mentres, en Santa Comba era Asociación San Luis da Pereira a que facía o propio. E ambos concelllos a mocion saía aprobada por unanimidade, demostrando así que ambos concellos apoian o paso por Baíñas e Berdoias (en Vimianzo) e por Codesedo, San Martiño, Choupana, Pragais e Vilabo (en Santa Comba).
A moción aprobada inclúe os seguintes puntos:
- Apoiar o obxectivo de consecución do recoñecemento da ruta posxacobea a Muxía polos lugares.
- Ofrecer colaboración ás entidades locais na procura de información relativa ao Camiño Real de Santiago a Muxía ao seu paso polo Concello.
- Dispoñer os medios municipais dispoñibles, materiais e humanos, necesarios para a recuperación, conservación e aproveitamento desta ruta.
A Asociación Grandirium xunto coas asociacións pertencentes a A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Brandomil (Zas) e Vimianzo, seguirán buscando apoios, sendo a próxima parada no pleno no concello de Zas.
Novas relacionadas
- Setembro 2016: O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase.
- Outubro 16: Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño.
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Asociación Grandimirum.