Óscar Blanco, Gandeiro de Mazaricos: "As nosas explotacións non envexan a ningunha de toda Europa"
- "O prezo do leite tiña que subir un par de céntimos. Agora vas sobrervivindo a base da túa man de obra".
- "Fai falta transformación e empresas que ofrezan servizos ás explotacións.
A última fin de semana de novembro tería sido o prato forte da Semana Gandeira de Mazaricos. Esa cita que refrenda o concello mazaricán como o gran epicentro do sector na provincia da Coruña e en toda Galicia.
Evidentemente, as cirscuntancias actuais impiden a celebración da cita, que xuntaba centos de persoas no recinto Feiral.
Pero non queremos esquecer a importancia que ten o sector leiteiro para Mazaricos, e por iso queremos falar hoxe, nestes #DirectosQPC con Óscar Blanco, presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos. Creada en 2015, ten realizado numerosas accións, focalizando a actividade na potente Semana Gandeira.
Blanco deixounos con gañas de coñecer as sorpresas que o Concello vai traer co gallo da #SemanaGandeira ás súas rede durante as vindeiras datas.
Moi interesante foi a descrición do día a día dun gandeiro, demostrando o pouco que variou a súa vida en tempos de confinamento, ou pouco que cambia as fins de semana. “Poucos, ao beber por un cartón de leite, coñecen o que hai detrás”, sinalaba debullando o horario de 6:00h a 21:00h, incluídas as fins de semana, as urxencias, a falta de vacacións…
Lamentou ademais que haia máis xente que marcha que que volve, facendo fincapé na falta de relevo xeracional, “porque levamos toda a vida motivándolle aos nosos nenos que o resto de traballos eran mellores que os nosos, a pesar de que isto, aínda que leve moito tempo, dá para vivir”.
Mazaricos, vangarda de Europa
“Das explotacións de Mazaricos, a día de hoxe non envidia a ningunha de Europa”, sinalou con orgullo. “Hoxe en día cando veñen aquí ver as explotacións a xente queda alucinada, pero fáltanos o valor ese”.
Reparou, iso si, na eiva de sempre, o internet, como principal problema para desenvolver o negocio.
”O prezo do leite tiña que subir un par de céntimos”
”Non hai tractoradas, é certo que o leite estancouse un pouco, e vaiche dando para ir vivindo, pero os costes de produción están nos 33 céntimos e o prezo aínda está por debaixo diso. Vas sobrervivindo a base da túa man de obra. O prezo do leite tiña que subir un par de céntimos”, explica.
Transformación e servizos
”Falta moito a transformación”, apuntou a pesar de que non hai ningunha en Mazaricos, e puxo exemplos de casos de éxito como Bico de Xeado ou a Casa Grande de Xanceda.
Ademais, deixa a porta aberta a eses proxectos empresarias que ofrecen servizos aos gandeiros. “Por exemplo hai agora un un rapaz que ofrece servizos de muxido e está tendo moito éxito, ata ten que contratar persoal. Para nós, contrátalo uns días e podes descanar ou facer outras cousas”, valora.
Para rematar, Óscar quixo dar a súa opinión sobre a ridícula polémica xurdida por unha nova publicada na prensa na que se pon o foco nos novos coches de alta gama de Mazaricos.
Novas relacionadas
- “Voltamos a Mazaricos para que a nosa filla saiba o que é vivir aquí”.
- Semana Gandeira 2019: : A Semana Gandeira de Mazaricos volveu situar mazaricos no centro do sector lácteo galego.
- Semana Gandeira 2018: 3.000 persoas volveron colocar a Mazaricos no centro do sector lácteo galego.
- Semana Gandeira 2017: A Semana Gandeira de Mazaricos bate marcas de calidade e cantidade.
- Semana Gandeira 2016: A Semana Gandeira uniu a todo Mazaricos.
- Semana Gandeira 2015: MZ: A Gandeiría como forma de identidade.
- Semana Gandeira 2015: “Na semana gandeira de Mazaricos participamos todos”.
- Xullo 2015: Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros.