Poxa de Xovencas e Xornada Láctea en Mazaricos

Esta fin de semana, o sábado 20 e domingo 21 de novmebro, o Concello de Mazaricos prepara unha das citas gandeiras máis importantes da zona: a II Xornada Láctea e a IV Poxa de Xovencas.
II Xornada Láctea

O sábado comeza a cita gandeira xoa Cornada técnica- Haberá conferencias na Casa da Cultura de Mazaricos dende ás 9:30h- E pola tarde haberá unha mesa redonda a partir das 15:30 cun Representante da Consellería de Medio Rural, e xente do sector.
Poden inscribirse (hai aforo limitado) ata este xoves 18 de novembro, no 981 867 104, a través da web do concello mazaricos.net/xornadalactea ou enviando un correo a xornadamazaricos@gmail.com.
Poxa de Xovencas

O Polideportivo mazaricán acollerá o sábado de 10:00h a 14:00h, a enrada dos animais. A IV Poxa de Xovencas terá lugar o domingo a partir das 11:00h. Cada compra de xovenca estará subvencionada con 150€.
Novas relacionadas
- O porco celta enriba da mesa nas III Xornadas da Costa da Morte.
- O Centro Fonteboa acolle unha xuntanza internacional de alumnos pola diversidade do sector gandeiro.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Mazaricos e Africor Coruña.